Os gandeiros afectados por ataques de lobo e xabaril recibirán 2,1 millóns de euros

No caso da orde do xabaril, a contía máxima increméntase un 25% para chegar ata os 2.500 euros, fronte aos 2.000 euros que se fixaban na convocatoria anterior
Cultivos. XUNTA
photo_camera Cultivos. XUNTA

A Xunta destinará 2,1 millóns de euros a compensar aos gandeiros e agricultores cuxas explotacións resulten afectadas por ataques de lobos e xabarís, indica o Goberno autonómico nun comunicado.

As indemnizacións previstas para un ataque de lobo son de ata 1.817 euros para unha vaca de raza autóctona de entre dúas e seis anos de idade e de 26 euros para unha ovella ou unha cabra, indica a Consellería de Medio Ambiente.

As axudas cubrirán tamén "os abortos que sufran as reses como consecuencia do acto de depredación" para o que é necesario presentar unha acreditación veterinaria.

Respecto ao xabaril, as compensacións serán de ata 2.500 euros polos danos agrícolas xerados polos ataques, fronte a 2.000 euros anteriormente, subliña o citado departamento.

A Xunta indica que o pasado 17 de decembro anunciou outras axudas de 60.000 euros para paliar as consecuencias dos ataques de osos. 

Comentarios