Galicia xa ten 22 positivos en residencias ao detectarse 15 nunha de Fene

Recibe o alta un dos usuarios do CAPD de Sarria contaxiados, que mantén dous positivos
El CAPD de Sarria. PORTO
photo_camera O CAPD de Sarria. PORTO

Os usuarios de residencias de maiores contaxiados polo coronavirus en Galicia aumentan a 22 tras detectarse 15 positivos nun centro de Fene (A Coruña). Segundo informaron as consellerías de Sanidade e Política Social, os quince novos contaxiados pertencen á residencia Santo Estebo de Perlío en Fene. Deste xeito, ascenden a 16 os usuarios afectados nese centro; mentres que hai tres na Campolongo de Pontevedra; dous na Bo Día Magnolio de Vigo e un na Residencia de Val do Dubra (A Coruña).

Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade reducen a 12 os usuarios contaxiados tras saír da lista un deles por negativizar no CAPD de Sarria (Lugo), polo que hai 10 casos na RGA Valverde de Allariz (Ourense) e dúas no citado centro lucense.

Comentarios