Galicia suma cinco vítimas mortais por violencia machista no que vai de ano

Os colectivos feministas convocan mobilizacións para o vindeiro mércores
Manifestación de la Plataforma Feminista en Lugo. J. VÁZQUEZ
photo_camera Manifestación da Plataforma Feminista en Lugo. J. VÁZQUEZ

Cinco mulleres asasinadas no que vai de ano en Galicia, 43 en todo o Estado. É o saldo que deixa a violencia machista a 16 de setembro de 2019. Os datos de crimes superan os rexistrados a estas alturas en 2018, 2017 ou 2016. De feito, hai que remostarse nove anos atrás, ao verán de 2010 para atopar un número similar. Entón, a estas alturas foran asasinadas 44 mulleres. Tras o crime deste luns, os colectivos feministas xa convocaron mobilizacións para o vindeiro mércores.

As asociacións feministas xa deran a voz de alarma hai unhas semanas: el verán de 2019 estaba a ser especialmente cruel para as mulleres e os datos dábanlles a razón. De feito, para este viernas hai convocadas manifestacións en diferentes cidades de toda España. En Pontevedra está previsto tinguir as rúas de lila nun acto de protesta chamado 'A noite violeta'. O triplo asasinato de Valga veu a constatar unha triste realidade. Con todo, nin a excuñada nin a exsuegra do asasino formarán parte do reconto oficial de vítimas de violencia de xénero ao non manter ningún tipo de relación sentimental co seu asasino. Incluír a todas as vítimas nas listas oficiais é unha tarefa pendente desde a firma do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A muller asasinada este luns en Valga deixa dous nenos orfos, de catro e sete anos, que se suman aos outros 28 menores que perderon ás súas nais no que vai de ano pola secuela da violencia machista. 

Segundo o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén) na actualidade hai na provincia 1.128 casos catalogados como violencia de xénero activos na provincia de Pontevedra e 3.570 en Galicia. 19 deles están considerados de alto risco para a integridade da vítima (na provincia), un número que ascende a 31 en todo o territorio autonómico. A isto hai que sumar os casos de mulleres que non denuncian aos seus agresores. Sandra Fenda era unha delas, xa que non constaba ningunha denuncia contra o seu asasino. 

Comentarios