Galicia suma oito mortes con covid máis, unha delas en Monforte

Un home de 45 anos que se atopaba ingresado en Vigo, entre os falecidos
Paciente tumbada en una camilla en la Uci de un hospital. EUROPA PRESS
photo_camera Paciente tumbada en una camilla en la Uci de un hospital. EUROPA PRESS

A morte dun home de 89 anos que dera positivo en coronavirus eleva o saldo de vítimas mortais do covid na provincia de Lugo desde o inicio da pandemia a 265, aínda que o Sergas contabiliza 257 ao non computar os decesos dalgúns pacientes lucenses que feneceron noutras áreas sanitarias. O home perdeu a vida o pasado día 3 de decembro no hospital de Monforte, aínda que a Consellería de Sanidade non comunicou o óbito ata este martes, xunto a outras sete defuncións de persoas que tamén contraeran o virus. Entre elas, a dun home de tan só 45 anos.

A provincia de Lugo levaba máis dunha semana sen sumar falecementos. A última vítima desta crise sanitaria era unha muller de 92 anos que pereceu o día 28 de novembro no hospital da Mariña

As oito persoas falecidas tras ser diagnosticadas de covid-19 elevan a 2.690 as vítimas en Galicia desde o inicio da crise sanitaria. O día 3, ademais do home de 89 anos que morreu no hospital de Monforte, faleceu tamén outro home de 83 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Ao día seguinte morría no hospital vigués outro home, moito máis novo, de 45 anos que, segundo concreta o Sergas, presentaba patoloxías previas.

VER MÁS Os casos activos e a presión hospitalaria seguen aumentando na provincia

O 5 morreu un home de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O día 6 hai tres óbitos, de dous homes, un de 76 no Chuvi e outro de 79 no Chuf de Ferrol; e unha muller de 74 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chup). A lista a completa un falecemento deste mesmo día 7, o dun home de 76 no Chuf.

Todos tiñan patoloxías previas, segundo indica a Consellería de Sanidade. 

Comentarios