Galicia renovará en xaneiro a vacinación dos nenos de entre cinco e once anos

Feijóo concreta que 120.000 galegos de 40 a 49 anos recibirán a dose de reforzo fronte ao covid-19 na segunda semana de xaneiro 
 
Una niña recibe una vacuna. EUROPA PRESS
photo_camera Una niña recibe la vacuna. EUROPA PRESS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anticipou este mércores as previsións de vacinación para a comunidade durante as próximas semanas, co foco no reforzo para o colectivo de 40 a 49 anos, e na reactivación do proceso de inmunización coa primeira dose para os menores de entre 5 e 11 anos. Nunha comparecencia telemática posterior ao Consello da Xunta, dado que o xefe do Executivo galego foi contacto estreito dun positivo en covid-19 e decidiu reducir axenda con PCR negativa, o presidente galego concretou que Sanidade prevé que na segunda semana de xaneiro se administre a dose de reforzo a uns 120.000 galegos de entre 40 e 49 anos. 

Ao tempo, en canto reciban as dúas novas remesas anunciadas da vacina infantil, procederase a continuar co proceso de inmunización na poboación de 5 a 11 anos. En concreto, o Executivo autonómico espera recibir ao redor de 36.000 dose o 3 de xaneiro, así que os días 4 e 5 se inmunizará ao mesmo número de menores de 9 a 5 anos (as idades superiores quedaron vacinadas coa primeira remesa de vacinas pediátricas). E o 10 chegarán outras 36.000 doses, así que os días 11 e 12 pola tarde procederase ao seu inoculación nos pequenos. 

Con este plan, a previsión é que a mediados de xaneiro teñan a primeira dose da vacina contra o coronavirus máis do 90% de nenos de entre 5 e 11 anos da comunidade.

AXILIZAR A VACINACIÓN. Na súa intervención, o presidente galego ha insistido na importancia de urxir a vacinación sen esperar aos seis meses estipulados ata agora, con dous datos como argumento de base: a moi superior incidencia do virus na poboación que non está vacinada (puxo o exemplo dos menores de 49 anos) e os efectos sanitarios da covid-19 en quen non están inmunizados. 

Non en balde, dos ingresados, esgrimiu que máis da metade dos pacientes en Uci son persoas sen vacinar e o 30% dos que están en planta. 

Comentarios