Galicia recibirá máis de 29 millóns de euros dos plans de competitividade turística

Maroto asegurou que a comunidade ten proxectos "moi solventes e maduros en ámbitos que van supor unha modernización"
Reyes Maroto. EFE
photo_camera Reyes Maroto. EFE

Galicia recibirá máis de 29 millóns de euros dos plans de competitividade turística, segundo anunciou este domingo a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

A responsable do Ministerio confirmouno nunha entrevista concedida a Cadea Ser e recollida por Europa Press, onde explicou que os plans aprobaranse o vindeiro martes no Consello de Ministros.

Con estas axudas, sinalou Maroto, melloraranse os produtos turísticos galegos, "non só do Xacobeo", posto que a este respecto "xa se presentou o plan nacional con investimentos de máis de 22 millóns de euros na renovación do patrimonio histórico galego".

Maroto abordou tamén o destino dos Fondos Next Generation, sobre o que asegurou que Galicia ten proxectos "moi solventes e maduros en ámbitos que van supor unha modernización" para a Comunidade en ámbitos como o aeroespacial, o sanitario ou o industrial, entre outros.

"O que lle pedimos á Xunta é proactividad á hora de incorporar proxectos ás convocatorias. Galicia merécese que estes investimentos se consoliden", apuntou a ministra.

Comentarios