O Servizo Galego de Saúde xa realizou un total de 22.471 test no marco do estudo epidemiolóxico para coñecer a incidencia do Covid-19 en Galicia, segundo informaron fontes do Goberno autonómico.
O estudo epidemiolóxico galego, que se iniciou a semana pasada, polo momento revelou un porcentaxe de positivos "moi pequeno", segundo admitiu este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Con todo, non se darán a coñecer os datos do estudo ata que o mesmo finalice coa realización de todos o test que, na primeira fase, ascenderán a máis de 50.000 probas.
Con todo, o presidente galego si sinalou que de ratificarse a baixa incidencia do virus en Galicia, é dicir, que circulou pouco" pola comunidade, podería supor un problema de "rebrote" da Covid-19.
A baixa incidencia do virus en Galicia "foi unha excelente noticia para evitar centenares de mortos" pero podería converterse “nunha noticia preocupante a medio ou longo prazo" ao poder supor un "rebrote" porque a poboación non estaría inmunizada ante o virus.
O estudo do Sergas revela unha porcentaxe de positivos "moi pequena" polo momento
Realizáronse un total de 22.471 probas no marco do test epidemiolóxico