Galicia pecha 2019 cun récord absoluto de pernoctacións ao alcanzar os 11 millóns

O Consello da Xunta deu luz verde á lei de impulso demográfico
Feijóo, en la rueda de prensa posterior al Consello da Xunta. EP
photo_camera Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. EP

Galicia pechou o ano 2019 cun récord absoluto de pernoctacións ao contabilizar 11 millóns, por encima da que ata agora era a súa marca: 10,6. Avanzouno Alberto Nuñez Feijoo tras a reunión do Consello, na que se analizaron os datos turísticos do ano pasado unha vez pechadas as cifras oficiais de decembro. Así, o presidente da Xunta celebrou o bo comportamento do turismo, ata o punto de que Galicia foi o territorio onde máis creceu, un 6%, fronte á media do 1% do conxunto do Estado.

Tamén se bateu un récord en canto ao número de turistas estranxeiros, mentres que o cómputo global de visitantes situouse en 5,1 millóns, cifra moi similar á de 2017, que marca o teito galego á espera do Xacobeo 2021.

Ademais, a reunión semanal do executivo deu luz verde á lei de impulso demográfico, a primeira de España e que inicia así o seu trámite parlamentario. Trátase do proxecto legal máis ambicioso da lexislatura e inclúe un paquete de medidas de axudas á natalidade e a conciliación, rebaixas fiscais ou a gratuidade das garderías a partir do segundo fillo, entre moitas outras. “Esta lei e mais necesaria que nunca”, dixo Feijóo.

O Consello licitou ademais o último paquete de contratos de transporte por estrada, que completarán definitivamente o mapa de autobús en Galicia. Son 237 millóns para os próximos dez anos e inclúen máis de 1.200 liñas en toda Galicia.

E aprobou unha liña de axudas de 16 millóns de euros para que os concellos contraten a 1.800 parados.

Comentarios