Galicia pasa o luns a fase 3

Feijóo anunciou a súa intención de permitir os desprazamentos entre provincias despois de que o Goberno autorizase aos gobernos autónomicos a xestionar a mobilidade en cada comunidade

Imagen de archivo de una terraza en Ribadeo.
photo_camera Comunidades que pasan de fase. SANIDADE

As catro provincias galegas entrarán na fase 3 a partir do próximo luns, día 8 de xuño, data a partir da que a Xunta de Galicia xestionará as medidas da desescalada.  

Diso informou este venres o ministro de Sanidade, Salvador Illa, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello Ministros na que se deu luz verde á última prórroga do estado de alarma. 

Nesta fase, que supón un novo alivio nas restricións para a cidadanía, o Goberno permite que sexan os presidentes dos gobernos autonómicos os que dirixan a mobilidade no interior de cada comunidade. 

Minutos despois de coñecer a noticia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a súa intención de permitir a mobilidade en toda Galicia a partir do próximo luns se depende unicamente del. 

"Espero que os presidentes autonómicos sexamos a única autoridade para tomar a decisión sobre liberdade de movementos dentro de cada comunidade", dixo Núñez Feijóo, que indicou que as informacións do Goberno son "contraditorias", porque "unha cousa é que poidan propor" -e que o Executivo autorice-, que é o que se desprende do que di o ministro, dixo, e outra "decidir", que é o que asegura prometeulles Pedro Sánchez. 

Pola súa banda, o ministro Illa defendeu que a maioría das comunidades afrontan "a recta final dunha desescalada que nos permitirá volver recuperar a nosa vida cotiá", manifestou a portavoz do Goberno e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, que subliñou que "serán as comunidades as que culminarán este proceso" e avanzoulles a "cooperación" do Executivo estatal para iso. 

Entre outras cuestións e ademais da previsible mobilidade entre provincias, coa entrada de Galicia na fase tres non haberá franxas horarias para ningún colectivo e amplíanse os aforamentos de forma xeneralizada en practicamente todas as actividades.

MOBILIDADE E NOVA NORMALIDADE. Na rolda de prensa e preguntado respecto diso, o titular de Sanidade precisou que, "a partir da fase 3", tamén corresponderá aos presidentes das comunidades autónomas determinar o momento no que a súa rexión "está en condicións de entrar á nova normalidade". 

"Os presidentes autonómicos a partir da fase tres toman a dirección da desescalada e entre as súas facultades está a de decidir cando acaba o estado de alarma nas súas comunidades autónomas e pasan á normalidade. é dicir, poden acabar co estado de alarma con anterioridade ao 21 de xuño", detallou. 

Así mesmo, indicou que, unha vez que as rexións estean nesta nova normalidade, poderase permitir a mobilidade entre as comunidades limítrofes que alcancen esta etapa, como poderá ser o caso de Galicia e Asturias. 

Para rematar, o titular de Sanidade avanzou que na tarde deste venres compartirá cos conselleiros autonómicos de sanidade o contido do real decreto que o Executivo estatal prevé aprobar de cara á nova normalidade. 

OUTRAS COMUNIDADES. Ademais de Galicia, pasarán o luns á fase 3 A Rioxa, o País Vasco, Asturias, Cantabria, Estremadura, Murcia, Navarra, Baleares, Andalucía, Canarias, Cuenca, Guadalaxara, Melilla e en Cataluña, o Alt Pirineu i Aran, Terres de l'Ebre e Camp de Tarragona.

FASE 2. Ademais, Illa anunciou que entrarán o luns en fase 2 Madrid, Barcelona, a rexión sanitaria de Lleida, as rexións metropolitanas norte e sur de Cataluña e toda Castela.

Comentarios