Galicia realizará unha oferta récord de 614 prazas MIR

Son 71 postos máis que na última convocatoria para o acceso á formación sanitaria especializada

Bata de un médico. PIXABAY
photo_camera Bata dun médico. PIXABAY

Galicia ofertará 614 prazas MIR para a próxima convocatoria, 71 máis que na anterior, polo que, segundo destaca a Consellería de Sanidade, a proposta remitida ao ministerio do ramo constitúe "a maior oferta do seu rexistro histórico". 

Así o apuntou o departamento autonómico nun comunicado de prensa, no que detalla que se trata de 71 prazas máis que as 543 ofertadas na convocatoria anterior de probas selectivas para o acceso á formación sanitaria especializada. Concretamente, son postos para as titulacións universitarias de Medicina, Farmacia, Enfermería e ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física. 

Neste ano, o incremento de prazas céntrase na Atención Primaria, con seis novas para Enfermería Familiar e Comunitaria e 64 para Medicina da mesma especialidade, estas últimas, recorda, "xa acreditadas este exercicio "pero que o ministerio rexeitou incorporar á vixente convocatoria MIR". 

Xa que logo, en total vanse a ofertar 256 prazas para estas dúas categorías, o que supón un incremento do 37,6% respecto ao ano pasado, das que 206 corresponden a médicos e 50 a persoal de enfermería. Ademais, engade que se consolida o incremento do ano pasado no resto das especialidades".

comentarios