Galicia 'lidera' o desastre demográfico nacional

A comunidade galega rexistra o peor saldo vexetativo de España, onde o número de nacementos é o máis baixo desde 1941
Nos dez primeiros postos dos nados en 2018 non hai ningún nome galego. PIXABAY - Bebé - Recién nacido
photo_camera Entre xaneiro e xuño houbo 7.695 nacementos en Galicia, un 7,4 % menos que no primeiro semestre do ano anterior. PIXABAY

Galicia rexistrou unha perda de 8.426 habitantes no primeiro semestre deste ano, o saldo vexetativo máis negativo do conxunto de comunidades autónomas, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE).

No conxunto de España, o saldo vexetativo, que inclúe nacementos e defuncións, foi negativo en 45.404 persoas, con Galicia á cabeza, seguida de Castela e León con 8.007 habitantes menos e da Comunidade Valenciana con 5.287.


Entre xaneiro e xuño houbo 7.695 nacementos en Galicia, un 7,4 % menos que no primeiro semestre do ano anterior.

Tamén se produciron 16.121 falecementos nos primeiros seis meses deste ano, un 7,7 % menos que o primeiro semestre de 2018.

Entre xaneiro e xuño deste ano en España só naceron 170.074 nenos, o que supón a cifra máis baixa rexistrada desde 1941, primeiro ano do que hai datos.


Segundo o INE, no primeiro semestre deste ano morreron 215.478 persoas, o que arroxa un saldo vexetativo negativo (diferenza entre nacementos e defuncións) de 45.404 persoas, unha cifra que consolida a caída iniciada en 2015.

En termos porcentuais, entre xaneiro e xuño, os nacementos reducíronse un 6,2 % en comparación co mesmo período de 2018 e, aínda que as defuncións tamén diminuíron, neste caso un 5,4 %, faleceron máis persoas das que naceron

Comentarios