lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Galicia insta o Goberno a aclarar se as manifestacións do 8-M estarán prohibidas en toda España

O 8-M, en imaxes. XESÚS PONTE 9
Participantes nun acto organizado en Lugo o ano pasado con motivo do 8-M. XESÚS PONTE (ARQUIVO)
A Xunta aproba os servizos mínimos no sector público autonómico para a folga do 8 de marzo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou o Goberno central a "concretar dunha vez" e "aclarar" se as mobilizacións organizadas con motivo do Día Internacional da Muller estarán "prohibidas en toda España", logo de transcender que en Madrid non se permitirán as manifestacións do 8 de marzo.

"Sería bo se pode aclarar se as manifestacións do 8-M están prohibidas en toda España", apuntou o popular, quen evitou contestar se a Xunta pediu expresamente á Delegación do Goberno en Galicia que prohiba este tipo de manifestacións e limitouse a manifestar a súa "sorpresa" polo paso dado en Madrid. 

En todo caso, si transmitiu que a Xunta ten "moi claro" que, co contexto da pandemia, con estado de alarma e toque de queda, así como limitacións na hostalería e outros servizos, permitir que se celebren estas manifestacións é "unha decisión de alcance" e advertiu que, "de facerse", é imprescindible que se fagan cumprir todas as medidas de seguridade

Dito isto, manifestou o seu desexo de que o Goberno presidido por Pedro Sánchez "aprenda" doutros "erros neglixentes", como foi, ao seu xuízo, permitir que se celebrasen as protestas do 8-M o ano pasado. De calquera modo, Feijóo cargou contra os "bandazos" que, ao seu modo de ver, ten o Executivo en relación ás manifestacións e volveu a insistir en que se consentiu que se celebrase en Santiago unha protesta de negacionistas na que participaron persoas que vulneraron medidas anticovid como a de usar máscara.

Feijóo expresou sorpresa pola prohibición en Madrid

SERVIZOS MÍNIMOS. Este xoves o Consello da Xunta tamén aprobou o decreto que dita as normas para garantir os servizos esenciais que se deberán respectar no sector público autonómico durante a folga convocada para o 8 de marzo por CUT, CIG, Sindicato de Oficios Varios da CNT-Vigo e STEG. 

Feijóo remarcou que, como a convocatoria este ano coincide coa pandemia e as restricións adoptadas, o decreto tamén ten en conta ese aspecto á hora de establecer os servizos mínimos, sobre todo nos ámbitos da educación e da sanidade. 

Así, no ámbito da ensino a Xunta "reforza" o persoal que deberá permanecer nos centros, sobre todo no caso do alumnado con necesidades educativas especiais, así como as medidas xerais de limpeza. No sector sanitario, os servizos "deben garantir o cumprimento das normas esenciais para asegurar o control de calquera incidencia que se poida producir nos establecementos e servizos de sanidade ambiental ou alimentaria". Pero o decreto tamén especifica que, polo covid, os servizos deben garantir o seguimento da situación epidemiolóxica e da inmunización colectiva seguindo os protocolos establecidos. 

O documento recolle tamén o mantemento dos servizos públicos de información á comunidade, asegurando a continuidade das emisións radiofónicas e televisivas da CRTVG.

FEMINISMO DEMOCRÁTICO. Por outra banda, foi preguntado pola súa apelación, co foco na figura de Emilia Pardo Bazán, a que "reivindicar o feminismo democrático non debería cinguirse a un día", senón que debería "ser a causa diaria de todos e todas" durante a presentación do libro Movendo os marcos do patriarcado e cuestionado sobre se considera que hai algún tipo de feminismo que non o sexa. 

Respecto diso, o presidente galego eludiu polemizar e limitouse a reiterar "o alcance e contido" de todo o discurso. "Reitérome no dito punto por punto", resolveu. 

Galicia insta o Goberno a aclarar se as manifestacións do 8-M...
comentarios