Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

Galicia iniciará a semana con tempo seco e temperaturas agradables

TEMPO INT
TEMPO INT

Continuará este luns baixo a influencia das altas presións ►O martes teremos ceos pouco nubrados ou despexados en xeral

Galicia continuará este luns baixo a influencia das altas presións, polo que se espera unha xornada de tempo seco e asollado e temperaturas agradables. 

Segundo a predición de Meteogalicia os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, en xeral, con intervalos de nubes baixas no terzo norte durante a mañá e con formación de nubes de evolución por árdea no sueste. 

As temperaturas mínimas e máximas quedarán sen cambios ou haberá lixeiros ascensos. 

Os ventos soprarán de compoñente norte con intensidade moderada. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para este  luns en Galicia: 
A Coruña 17° 26°          Ferrol 17° 27°              Lugo 13° 26°
Ourense 15° 32°            Pontevedra 16° 30°      Santiago 15° 28°
Vigo 17° 30°

E, o martes...

Non se esperan cambios significativos para o martes, con Galicia na influencia das altas presións e entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera co avance do día. Así, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con formación de nubes de evolución durante a tarde na metade este que poderían deixar algún chuvasco illado e ocasional nas zonas altas. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente este en xeral.

Galicia iniciará a semana con tempo seco e temperaturas agradables
Comentarios