martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Galicia esixirá aos alumnos de Eso un 5 de media para pasar de curso

Conferencia sectorial de Educación. EP
Conferencia sectorial de Educación. EP
A Xunta decidiu aplicar en Secundaria os criterios de promoción fixados polo Goberno para Bacharelato

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decidiu aplicar en Educación Secundaria Obrigatoria os criterios de promoción fixados polo Real Decreto de avaliación elaborado polo Estado para a etapa de bacharelato. Deste xeito, os alumnos terán que obter unha cualificación media de 5 ou superior no seu expediente para pasar de curso e ter superada esta etapa. 

O titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, trasladou esta decisión no marco da conferencia sectorial de Educación, celebrada este mesmo xoves e na que se abordou tanto a supresión dos exames extraordinarios de secundaria este mesmo curso como os currículos de primaria e de Eso, entre outras cuestións. 

Esta medida, que achegará criterios comúns para todos os centros, decidiuse tras manter reunións coa xunta autonómica de directores, coas asociacións de pais e cos sindicatos de profesorado. 

Deste xeito, Rodríguez sinalou que se busca ofrecer seguridade xurídica ante o "caos" e as "incertezas" xeradas polo cambio de rumbo do Goberno central, que nun principio ía establecer un período transitorio e permitir celebrar as probas de recuperación durante este curso. 

A Xunta desenvolverá unha orde na que se introducirán estes novos criterios "determinados, uniformes e coñecidos" co "fin de reducir a desigualdade" entre o alumnado e ofrecer "garantías xurídicas" ao profesorado en relación á avaliación.

MANTENSE O CALENDARIO. A conferencia sectorial tamén abordou a adaptación do calendario escolar tras a supresión das probas extraordinarias de Eso. Neste sentido, manteranse as avaliacións do terceiro trimestre a principios de xuño e a actividade lectiva ata o 21 dese mes, tal e como estaba previsto. 

As decisións de promoción e titulación tomaranse a través dos equipos docentes mediante unha avaliación individualizada tras a fin das clases nesa data. O período entre a terceira avaliación e o fin da actividade lectiva empregarase para accións de apoio e reforzo para o conxunto do alumnado. 

Doutra banda, Rodríguez reclamou ao Ministerio de Educación que publique "canto antes" os currículos de primaria e&Iso nbsp;censurou a "cerrazón" do Goberno, dado que en caso contrario non haberá tempo para desenvolvelo" e podería provocar "un momento complexo" a finais de curso. 

Galicia esixirá aos alumnos de Eso un 5 de media para pasar de curso
comentarios