Galicia Emprende permitirá crear empresas en 24 horas

A Xunta activará en setembro a unidade Galicia Emprende, un proxecto incluído na Lei de Emprendemento para axilizar a posta en marcha de novas empresas.

A iniciativa, que levará a cabo a Consellería de Economía a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), comezará coa apertura de oficinas nas sedes do Igape, e ampliarase con novas localizacións repartidas por toda Galicia.

Esta unidade será a encargada de analizar a viabilidade dun proxecto maduro "en menos de 30 días" e permitir a creación de empresas "en 24 horas", sinala a Xunta nunha nota.

Ademais, encargarase de crear un censo que ofrecerá o estado actual dos viveiros empresariais galegos, con información actualizada sobre as súas capacidades e niveis de ocupación.

Entre as medidas que incorpora esta lei, está a axilización administrativa coa supresión da necesidade de licenza municipal previa, a creación e regulación dunha rede de investidores particulares (business angels); e tamén un novo programa de microcréditos e un novo fondo de capital risco con capacidade para mobilizar 20 millóns de euros no impulso ás novas iniciativas empresariais.

Comentarios