Galicia continua separando pouco lixo, a pesar de ser das que menos xera

Cada galego xerou 435,5 quilos de lixo de media en 2019
Una persona recicla una botella. AEP
photo_camera Unha persoa recicla unha botella. AEP

Galicia é unha das comunidades autónomas que menos residuos urbanos separou en 2019, a pesar de ser unha das que menos xera por habitante, segundo datos divulgados este martes polo Instituto Nacional de Estadística (INE) e que manteñen a tendencia dos últimos anos.

O estudo sobre residuos urbanos en 2019 mostra que no conxunto de España as empresas xestoras recolleron 22,8 millóns de toneladas de lixo, un 0,3 % máis que en 2018, dos que 17,8 millóns, equivalentes a un 78% do total, eran mesturados.

En Galicia recolléronse en 2019 un total de 1.175,3 miles de toneladas de lixo máis que un ano antes, dos cales 78% eran residuos mesturados, o equivalente a 84% do total.

A situación incluso empeorou dúas centésimas respecto de datos de 2018, en que a fracción de residuos mesturados era de 83,8%, o equivalente a 953,9 miles de toneladas dun total de 1.132,8 miles de toneladas en total en Galicia.

Esta comunidade figura así entre as que a poboación menos lixo separa nos colectores, detrás das de Murcia e Estremadura con 88% de residuos mesturados, Castela-A Mancha (87,1%), Castela e León (85%) e equiparable á Comunidade Valenciana, aque tamén teñen 84% do total.

Ao contrario, no País Vasco a proporción de lixo sen separar é de 58% do total, en Navarra 60,2% e en Cataluña 61,5%.

Galicia continúa sendo, con todo, unha das comunidades autónomas que menos lixo xera a súa poboación, a razón de 435,5 quilogramos por habitante no 2019, lixeiramente por encima dos 421,7 en 2018.

A Rioxa, a Comunidade de Madrid e o País Vasco xeran menos lixo por habitante que Galicia no conxunto de España, onde a media se sitúa en 483,7 quilogramos por persoa.

Ao contrario, en Illas Baleares xérase 737,7 quilogramos de lixo por habitante, en Cantabria 579,6 e en Canaria 577,7.

A fracción de vidro separado en Galicia foi en 2019 de 48,4 miles de toneladas, un 4,11% do total (4% en 2018); a de papel e cartón foi de 41,1 miles de toneladas, un 3,5% do total (3,29% un ano antes) e a de envases mixtos aumentou a 28,6 miles de toneladas, un 2,43% (2,27% en 2018), segundo datos do INE.

Comentarios