Galicia cifra en 500 millóns de euros o sobrecusto pola dispersión poboacional

O conselleiro de Facenda afirma que é un criterio fundamental para a comunidade na reforma do sistema de financiamento autonómico
El conselleiro de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos, durante su comparecencia en la comisión de financiación autonómica. EFE
photo_camera El conselleiro de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos, durante su comparecencia en la comisión de financiación autonómica. EFE

O conselleiro de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos, cifrou en máis de 500 millóns de euros o sobrecusto que supón a dispersión poboacional para a prestación de servizos en Galicia, polo que insistiu en que este é un criterio fundamental para a comunidade na reforma do sistema de financiamento autonómico. 

Durante a súa intervención no Parlamento galego ante a comisión de estudo para abordar a proposta de Galicia sobre a reforma do sistema de financiamento autonómico, coa que se pecha a fase de comparecencias, recordou que a comunidade galega é a que máis sofre a dispersión, co 50% das entidades singulares de toda España. Por iso pediu a este grupo de traballo parlamentario que cheguen a un consenso para definir a valoración deste criterio que cre que está "claramente infravalorado" no sistema de financiamento actual, máis que no caso do envellecemento poboacional no que as ganancias que se poidan esperar coa reforma "non son altas", apuntou.

Corgos tamén apostou por reforzar "" a autonomía fiscal das comunidades autónomas, aínda que máis que unha ampliación da porcentaxe de tributos cedidos reclamou que se faga unha "cesión efectiva" do 50 % do IRPF e o Iva xa que a que se fai agora é equivalente ao 35% por axústelos co Fondo de Suficiencia.

O conselleiro finalizou a súa intervención reclamando que esta comisión alcance un ditame "o máis consensuado posible" porque se Galicia defende a súa postura cunha posición conxunta terán máis posibilidades de mellorar o seu financiamento no novo sistema. 

Comentarios