martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Galicia Bilingüe rexeita a folga no ensino: di que ''o baleirado das aulas non é o camiño''

Galicia Bilingüe rexeita a folga prevista no ensino galego para o xoves "tanto polos seus obxectivos, pois precisamente a entidade naceu para loitar contra a imposición lingüística que esixen manter os convocantes, como por considerar que o baleirado das aulas non é o camiño para resolver un conflito no que os estudantes, e non a lingua, deberían ser o eixo do debate".

A asociación xa expresou días atrás a súa oposición ao borrador do decreto presentado pola Xunta para substituír ao 124/07 imposto polo Goberno bipartito, ao entender que "supón un completo incumprimento das promesas electorais realizadas antes dos comicios autonómicos por Alberto Núñez Feijóo e que mantén á educación galega afastada dos sistemas de liberdade de elección de lingua existentes en todas as democracias con dúas ou máis idiomas oficiais".

"Esta postura está moi lonxe obviamente da defendida polos convocantes da folga, que pretenden que se manteña o actual modelo de inmersión e imposición lingüística", sinala. Ademais Galicia Bilingüe afirma que "aínda respectando loxicamente o dereito á folga, entende que a perda de horas lectivas non é precisamente a vía idónea nun debate como o actual". Por outra banda, a presidenta da asociación, Gloria Lago, e outro socio da entidade, Julio Tojo, acudirán ás dependencias da Consellería de Educación en Santiago para entregar un amplo documento coas propostas do colectivo ao borrador do decreto presentado pola Xunta.

Galicia Bilingüe rexeita a folga no ensino: di que ''o baleirado...
comentarios