Galicia alberga a 54.000 persoas con demencia, das cales o 70% son enfermos de Alzheimer

Un total de 54.104 galegos sofren na actualidade algún tipo de demencia, sendo o Alzheimer o responsable do 70% destas enfermidades.

"É unha pandemia na que todos temos que implicarnos", sinalou a presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (Afaco), María del Carmen Martínez.

O perfil demográfico sitúa a Galicia como unha da comunidade autónomas de maior número de casos, a pesar de que a prevalencia das mesmas sitúase na media nacional, afectando ao 29,5% dos maiores de 85 anos. A incidencia da enfermidade segue aumentado día a día, "incluso afectado cada vez a xente máis nova'', subliñou Martínez, ''e nos próximos vinte anos podería chegar a duplicarse o número de enfermos''. 

MÁIS INVESTIGACIÓN
"Confío en que nos próximos cinco ou seis anos teñamos novos fármacos", afirmou Martínez. De feito, o pasado venres un grupo de investigadores españois presentou unha nova vacina preventiva e terapéutica contra o Alzheimer que foi rexistrada na Oficina de Patentes de Estados Unidos.

En calquera caso, proseguiu Martínez, é fundamental o labor divulgativo, especialmente para as familias. Por iso, Afaco organiza o próximo día 21, coincidindo coa celebración do día internacional do Alzheimer, unha campaña informativa na Coruña e a súa área metropolitana.

Comentarios