Galicia acollerá a 20 dos 200 menores que xa se atopaban en Ceuta

O Goberno acorda a repartición para facer sitio aos chegados esta semana
Un menor marroquí observa Ceuta. MOHAMED SIALI (EFE)
photo_camera Un menor marroquí observa Ceuta. MOHAMED SIALI (EFE)

O Goberno e as comunidades acordaron a repartición de 200 prazas de acollida para menores non acompañados que xa estaban en centros de protección de Ceuta para liberar espazo e acoller aos chegados esta semana, de modo que as distintas autonomías acollerían entre seis e vinte nenos, como é o caso Galicia que acollerá unha vintena.

A repartición exposta baséase en criterios que distribúen o 50 % das prazas polo impacto en acollida dos menores migrantes non acompañados de cada comunidade, outro 25 % en función da poboación e outro 25 % por situación económica, que á súa vez se repartiría nun 12,5 % por renda per cápita e o outro 12,5 % segundo a taxa de paro.

As cidades de Ceuta e Melilla e Canarias, que ten baixo a súa tutela a 2.700 menores, quedarían excluídas desta repartición.

Segundo a proposta do Ministerio, á que tivo acceso Efe, e que xa aceptaron varias comunidades, a repartición final será o seguinte:

COMUNIDADE AUTÓNOMA CRITERIO MENORES
Andalucía 6,4 % 13
Aragón 4,3 % 9
Asturias 5,6 % 11
Baleares 5,6 % 11
Cantabria 3,3 % 7
Castela e León 9,1 % 18
Castela-A Mancha 6,9 % 14
Cataluña 7,3 % 15
Comunitat Valenciana 6,3 % 13
Estremadura 5,7 % 11
GALICIA 10,2 % 20
Madrid 9,8 % 20
Murcia 3,5 % 7
Navarra 3,1 % 6
Euskadi 4,2 % 8
A Rioxa 8,6 % 17