Cinco galegos forman parte da nova dirección de Podemos encabezada por Belarra

"O obxectivo é facer presidenta do Goberno do Estado a outra galega, Yolanda Díaz", afirma a formación morada
Ángela Rodríguez. AEP
photo_camera Ángela Rodríguez. AEP
Dous homes e tres mulleres de Galicia formarán parte da nova dirección de Podemos encabezada pola ministra de Dereito Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, tras o proceso de Asemblea Cidadá celebrado esta fin de semana.

En concreto, trátase do secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino; a portavoz do Consello Cidadán Galego, Verónica Hermida; o portavoz de Podemos Coruña, José García Buitrón, a militante de Rebeldía Galicia, Tamara Deza; e a exdiputada e actual asesora do Ministerio de Igualdade, Ángela Rodríguez.

Nun comunicado remitido aos medios, Podemos Galicia destaca que a representación galega "atesoura experiencia e mocidade, cultura militante e municipalista, e coincide coa nova aposta de Podemos por liderados cada vez máis corais e femininos".

Sinala, ademais, o ambiente festivo e fraterno no que transcorreron as xornadas da asemblea presencial como elementos favorables para a apertura desta etapa nunha organización con sete anos de vida na que a intención principal é "ir ampliando base social e militante".

Ademais, Podemos Galicia ponse " completa disposición" de Ione Belarra para "seguir construíndo un podemos forte, feminista, verde e cun marcado carácter plurianual co obxectivo de facer presidenta do Goberno do Estado a outra galega, Yolanda Díaz".

Comentarios