Un galego extrae, por primeira vez no mundo, unha costela cunha soa incisión

Diego González Rivas e o resto do equipo servíronse da robótica para practicar a operación a unha paciente que sufría graves trombosis venosas
El Hospital de Bellvitge extrae la primera costilla con cirugía robótica y una incisión. HOSPITAL DE BELLVITGE
photo_camera El Hospital de Bellvitge extrae la primera costilla con cirugía robótica y una incisión. HOSPITAL DE BELLVITGE

O cirurxián galego Diego González Rivas, xunto ao Servizo de Cirurxía Torácica do hospital de Bellvitge, en L'Hospitalet de Llobregat, levou a cabo, por primeira vez no mundo e con éxito, unha extracción da primeira costela mediante cirurxía robótica cunha soa incisión. Segundo informou o hospital, a paciente sufría na zona intervida unha compresión que lle causaba trombosis venosas e outras afectacións vasculares graves e limitáballe a mobilidade do brazo.

Aínda que non é a primeira vez que se fai unha exéresis da primeira costela mediante cirurxía robótica, esta foi a primeira vez no mundo na que, ademais, faise a través dunha única incisión, cando habitualmente levan a cabo múltiples incisiones.

O primeiro programa en cirurxía robótica pulmonar da sanidade pública en España iniciouse en 2017 no Hospital Joan XXIII de Tarragona, que forma parte dun servizo unificado co hospital de Bellvitge.

O pasado mes de novembro, o hospital de Bellvitge chegou á intervención robótica torácica número 200 tras un rápido desenvolvemento deste programa, que o situou como un dos centros líderes e referentes de España neste ámbito.

Os cirurxiáns do centro de Bellvitge aplicaron o sistema robótico a todas as intervencións máis habituais do pulmón e do mediastino (área situada entre os pulmóns), a maioría intervencións oncolóxicas.

Comentarios