Gadis reúne nun libro os 100 relatos finalistas do seu primeiro concurso de escritura

A compañía agradeceu aos participantes a súa implicación

Supermercados Gadis reuniu nun libro os 100 microrrelatos finalistas do I Concurso de Microrrelatos, no que participaron 1.819 persoas de todo o territorio nacional e que este ano versou sobre "os reencontros", baixo a lema "toda historia comeza con tres palabras".

A compañía agradeceu aos participantes a súa implicación, que permitiu editar 10.000 exemplares que se regalaron nos puntos de venda. Ademais, o libro pode descargarse en formato dixital en www.gadismicrorrelatos.com páxina web na que tamén se poden ler todos os textos participantes.

O certame, que se prolongou desde o 25 de xuño ata o 15 de setembro de 2020, pretendía mostrar "os momentos máis esperados durante o ano pasado: atoparse a un mesmo, descubrir unha paixón, etc". "Os encontros son as persoas, os lugares, os sentimentos. é volver vernos logo de moito tempo e, tamén, cruzarnos logo de poucas horas", indicou a compañía.

O primeiro premio do concurso levoullo Mariel, da Coruña, polo seu texto sobre o reencontro de dúas vellas amigas nunha imaxinaria sesión vermú; o segundo tamén se quedou na cidade herculina, cun microrrelato noe Alexander Merod describe, con tan só tres palabras, algunhas das peores situacións que poderían darse neses momentos.

O terceiro premio levoullo Marco Pichucho, da Rigueira (Xove), cun escrito que aborda como viviu o reencontrarse coa súa avoa.

Comentarios