A futura autovía Lugo-Sarria contará con valos reforzados fronte ao xabaril

A conselleira de Infraestruturas anuncia que se instalarán nas novas estradas que coincidan con tramos de maior presenza destes animais
Los jabalíes son causa de numerosos accidentes en todo el país. AEP
photo_camera Os xabarís son causa de numerosos accidentes en todo o país. AEP

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, adiantou este sábado que Galicia reforzará as medidas para loitar contra os danos que provocan os xabarís ao longo de todo o territorio. 

Así, na clausura da 49º Convención Internacional de Autoescolas, Vázquez adiantou que a Xunta dotará de valos reforzados fronte ao xabaril as novas estradas que coincidan cos tramos de maior risco de aparición deste animal. 

Deste xeito, autovías como a que unirá no futuro Lugo e Sarria contarán con esta medida, "a de maior eficacia fronte aos accidentes por animais". 

Ademais, Vázquez tamén anunciou que o Goberno galego pretende reducir a accidentalidade nas estradas a través de varias iniciativas, como os sistemas para repeler aos xabarís das próximidades da rede viaria ou o incremento de accións de caza para reducir a poboación destes animais e dos accidentes de tráfico. 

Por outra banda, desde a Consellería de Medio Ambiente informouse ao Sindicato Labrego Galego que se están elaborando dúas ordes reguladoras para previr e paliar os danos producidos pola fauna salvaxe durante o próximo ano. 

Así mesmo, informou de que xa existen unhas subvencións a disposición do sector primario para parliar os danos causados polo xabaril e outra para compensar os prexuízos que afectan a explotacións gandeira. De feito, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén del Campo, precisou que a Consellería de Medio Ambiente reservará preto de tres millóns de euros a axudas para os danos provocados pola fauna salvaxe en 2020.

ESFORZOS NAS ESTRADAS. En canto ao traballo nas carretetas, Ethel Vázquez anunciou que durante o primeiro semestre do próximo ano elaborarase o plan de seguridade viaria 2021-2025 para "sumar esforzos a favor da redución dos accidentes por animais". 

Igualmente, considera moi importante a toma de conciencia por parte da sociedade en termos de seguridade viaria e pon o acento nos "usuarios vulnerables", para os que o Goberno galego xa construíu 100 quilómetros de itinerarios seguros e sostibles. 

Comentarios