Este sábado chegará a Galicia unha fronte fría durante a mañá deixando ceos cubertos e choivas que serán especialmente intensas na franxa atlántica. A iso súmase a borrasca Ignacio, que tamén fará acto de presenza na comunidade.
A partir do mediodía, informa Meteogalicia, a comunidade quedará nunha situación de chuvascos, probables en calquera punto.
A cota de neve estará nos 1.400 metros nas primeiras horas e irá en progresivo ascenso co avance do día.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.
A Coruña 9º/14º, Ferrol 9º/13º, Lugo 7º/13º; Ourense 9º/15º; Pontevedra 9º/14º; Santiago 8º/13º; Vigo 10º/14º