Os Franco aceptan entregar "provisionalmente" o Pazo de Meirás ao Estado

El pazo de Meirás. EFE
photo_camera O pazo de Meirás. EFE


A familia Franco acepta entregar "provisionalmente" o Pazo de Meirás ao Estado mentres non se resolva o recurso que presentaron contra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número uno da Coruña que lles condenou á súa devolución. 

Así consta nun escrito dirixido ao xulgado despois de que o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, anunciase que o Goberno solicitaría a execución provisional da sentenza. 

Nesa comparecencia, o ministro non concretou o uso que se daría ao inmoble, pero incidiu en que "o verdadeiramente importante é que sexa o Estado o que teña a xestión, e non a Fundación Francisco Franco". "Unha cuestión que reclama toda a cidadanía", apostilou. 

Agora, no seu escrito, os herdeiros do ditador sosteñen que tiveron coñecemento, a través dos medios de comunicación, que a Administración Xeral do Estado "deu instrucións á súa dirección letrada nas presentes actuacións para que solicite a execución provisional da sentenza". 

Sobre esta decisión, avanzan que non teñen intención de oporse "a tal solicitude", á vez que mostran a súa disposición a que "con carácter provisional", e á espera de como se resolva o seu recurso, "cumprir voluntariamente a obrigación de entrega ao seu cargo declarada na sentenza", engaden sobre o inmoble nun escrito con data de este pasado martes, día 3. 

SENTENZA. Ditada o 2 de setembro pola maxistrada Marta Canales, declarou a nulidade da doazón efectuada en 1938 da "leira denominada Torres ou Pazo de Meirás ao autoproclamado xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde, por carecer do requisito esencial de forma". 

Ademais, condenou á familia Franco á súa devolución sen ser indemnizada polos gastos nos que esta parte alegou incorrer para o mantemento da propiedade. Após o fallo, o Franco presentaron un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que aínda está pendente de resolución. 
 

Comentarios