Formoso, sobre se se presentará a liderar o PSdeG: "Non toca falar diso"

"Véxome líder do que estou a facer, que é intentar velar polos intereses dos concellos da provincia da Coruña", insiste
El presidente de la Diputación de A Coruña y alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso
photo_camera El presidente de la Diputación de A Coruña y alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, non aclara se se presentará a liderar o PSdeG. "Desde a responsabilidade non me toca falar diso", sostén.


"Non fago ningún favor ao meu partido propóndome ou descartándome", resolveu González Formoso a preguntas da prensa este xoves sobre se optará a ser secretario xeral dos socialistas galegos.

A preguntas dos medios durante a súa presenza en Santiago nun foro que analiza o futuro do sector lácteo, o presidente da Deputación coruñesa deixou claro que: "O papel que me asignan os compañeiros e a cidadanía é o de velar polos intereses dos concellos da provincia".

"Véxome líder do que estou a facer, que é intentar velar polos intereses dos concellos da provincia da Coruña", insistiu.

CONGRESO GALEGO.  Preguntado sobre as voces no PSdeG que consideran que é tarde realizar no outono o congreso para elixir a novo secretario xeral do partido, Gongález Formoso asegura que "as dúas opinións son pensando no mellor do partido".

"Levabamos falando de cambiar xestora, de non cambiar xestora, se xa, se xa non; en dous meses non varían para nada as perspectivas dun partido político de futuro", afirmou.

Sobre este extremo, defende que "o que si varía as perspectivas dun partido político futuro é ter un proxecto e ter quen os lidere".

Ademais, cuestionado acerca de que espera do Congreso Federal do PSOE deste fin de semana, o presidente do ente provincial coruñés di que: "Sexamos capaces, no menor tempo posible, de evitar que o goberno e a oposición dun país tan importante para Europa como España sexan aqueles que deron o espectáculo que deron nestes tres días".

Comentarios