Formoso busca un PSdeG forte "como alternativa clara de goberno" a Feijóo

O candidato á secretaría xeral dos socialistas galegos estivo este domingo en Vilagarcía
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Formoso (segundo pola dereita), este domingo en Vilagarcía. EUROPA PRESS

O candidato á secretaría xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou este domingo nun encontro coa militancia en Vilagarcía de Arousa que que Galicia necesita "un PSdeG forte" para ser a alternativa ao goberno de Feijóo. 

Formoso viaxou a Vilagarcía de Arousa para presentar á militancia o seu modelo de partido "para sumar", co que busca ser "a forza política vehículo das ilusións dos galegos". 

"Non só nós, os socialistas, queremos un PSdeG forte, Galicia necesita un PSDEG forte para formar unha alternativa clara ao goberno de Feijóo", declarou. 

O candidato a secretario xeral do PSdeG-PSOE asume a "responsabilidade de ofrecer a Galicia o mellor PSDEG posible, de pór a disposición da sociedade o mellor do socialismo galego e de enviar ao público unha mensaxe de optimismo". 

Durante a súa intervención, Formoso mostrou a súa "preocupación" polas enquisas sobre a intención de voto en Galicia, publicadas o sábado, que sinalan que o PSDEG non só se estanca como terceira forza en Galicia, "senón que retrocede". 

"Non podemos seguir por ese camiño, necesitamos un cambio, un ímpeto que nos devolva ao lugar que nos corresponde", afirmou. 

"Tras un desastroso resultado electoral nas autonómicas, que nos relegan á terceira forza política no Parlamento galego, considerar que non é un mal resultado ou considerar que Galicia está ideológicamente apegada ao PP creo que é unha resignación que non compartamos miles de compañeiros", engadiu. 

Comentarios