Formoso acepta debater con Caballero logo de ser acusado de estar "escondido"

prevese que na tarde deste luns os equipos de campaña de ambos os candidatos establezan conversacións para fixar a data
Valentín González Formoso, con Gonzalo Caballero, en una imagen de archivo. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Valentín González Formoso, con Gonzalo Caballero, en una imagen de archivo. XOÁN REY (EFE)

O aspirante á Secretaría Xeral do PSdeG Valentín González Formoso trasladou este luns a súa "máxima dispoñibilidade" para celebrar un debate co actual xefe de filas da formación e tamén candidato á reelección, Gonzalo Caballero, quen lle acusaba de estar "escondido".

En primeiro lugar, nunha rolda de prensa celebrada este luns na Cámara galega, Gonzalo Caballero volveu a incidir en que en primarias "os candidatos teñen que debater". "Non pode ser que o outro candidato estea a escapar, que renuncie a acudir a un debate que é obrigatorio polas normas do partido", incidiu.

Gonzalo Caballero asegurou que "é hora" de que Formoso "deixe de estar escondido" e "acepte contrastar as propostas que quere para o PSdeG". Ademais, trasladou se disposición a acudir a todos "os debates" que sexan necesarios. "Ao convocado polo partido a pesar de que o outro candidato quere escapar e tamén aos que se nos plantaron desde distintos medios", apuntou.

Así mesmo, subliñou non ter "ningún medo" nin "ningunha dúbida" de que un evento destas características no que el poida "mostrar o proxecto que segue construíndo para o PSDEG é enriquecedor par á militancia do partido e para os galegos".

Ver máis: Caballero urxe a Formoso a deixar "de escapar" e "aceptar xa" un debate para as primarias

FORMOSO SUBLIÑA A SÚA MÁXIMA DISPOÑIBILIDADE. Pola súa banda, preguntado respecto diso tras participar nun acto en Santiago de Compostela organizado polo sindicado UU AA, o outro aspirante e presidente da Deputación da Coruña trasladou a súa "máxima dispoñibilidade" para celebrar este debate.

Segundo indicou, esta cita permitirá "complementar a información que os compañeiros e compañeiras" socialistas están a recibir "no pouco tempo que a dirección galega" deu para o proceso interno e "facer unha reflexión conxunta" cos militantes dos 313 municipios de Galicia.

"Temos un mes cando poderían ser dous", lamentou Formoso, que sostivo que, con todo, o debate permitirá "chegar aínda máis a cada municipio e a cada compañeiro" para reflexionar sobre cal é o modelo de PSDEG que quere. Ademais, avanzou que proporán que se celebre o mércores ou o xoves desta semana.

Precisamente, prevese que na tarde deste luns os equipos de campaña de ambos os candidatos establezan conversacións para fixar a data deste debate previo ás primarias que os socialistas galegos levarán a cabo o vindeiro sábado para elixir ao seu líder para os próximos catro anos.

Comentarios