Un formador de maquinistas: "Se Garzón non contestase a esa chamada podería ser sancionado"

"Perigo", "zona crítica" ou "punto negro" foron algúns dos termos cos que se referiu á fatídica curva da Grandeira
Sala de la Cidade da Cultura que acoge el juicio del Alvia. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera A sala do xuízo do Caso Alvia, nunha foto de arquivo. EFE

Manuel González Sánchez leva 43 anos en Renfe, os últimos como formador de maquinistas, e dixo coñecerse de corrida o regulamento interno para conducir trens. Entre outros aspectos, "é obrigatorio atender calquera chamada que se reciba a través do teléfono corporativo", como a que, con fatais consecuencias, atendeu Francisco José Garzón Amo ao fío das 20.40 horas do 24 de xullo de 2013. Ata o punto de que se "Garzón non contestase a esa chamada, podería ser sancionado".

Aínda que recoñeceu, a preguntas dun avogado, que non lle constan casos de sancións por este motivo –"no xurisdición, pero non quere dicir que non as houbese no resto de España"–, este experimentado ferroviario declarou este mércores, na duodécima xornada do xuízo polo accidente de Angrois, que o maquinista monfortino "tivo un accidente como o que puiden ter eu, que pasara antes 400 veces por esa curva, que era un perigo".

"Perigo", "zona crítica" ou "punto negro" foron algúns dos termos cos que se referiu fatídica curva de A Grandeira, sobre a que descoñece "como non se fixo nada". Unha actuación que correspondese, dixo, "a Adif".

"¡O que se fixo despois [sinalizala] tíñase que facer antes do accidente! ¡E mira que o Mazaira avisou!", exclamou, visiblemente enervado, en alusión a José Ramón Igrexas Mazaira ,o xefe de maquinistas de Galicia, que avisou por e-mail do perigo da curva de Angrois ás dúas semanas da posta en servizo da liña de Alvia Ourense-A Coruña, en decembro de 2011.

Respecto da polémica polas queixas entre os maquinistas e o seu traslado, ou ausencia do mesmo, a Adif, González Sánchez explicou que os condutores nos limitabamos a aceptar as ferramentas de traballo que nos daba Adif", ente co que recoñeceu que tiñan escasa cando non nula relación.

Comentarios