domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

A Fiscalía non ve inxurias á Coroa nas palabras de Pontón sobre os Borbóns

Ana Pontón. ARQUIVO
Ana Pontón. ARQUIVO
Considera que non hai delito nas expresións da líder do BNG, Pere Aragonés e Teresa Rodríguez

A Fiscalía da Audiencia Nacional considera que non hai delito nas expresións contra a Monarquía do vicepresidente catalán e coordinador de ERC, Pere Aragonès; a portavoz de BNG, Ana Pontón; e a líder de Adelante Andalucía, Teresa Rodríguez, e acordou arquivar as dilixencias.

O ministerio público decidiu incoar dilixencias por mor dunha denuncia da asociación Concordia Real Española, que levou ante a Fiscalía varias expresións destes líderes políticos ao considerar que poderían constituír un suposto delito de inxurias á Coroa.

Pero a Fiscalía examinou os feitos e considerou que estes se enmarcan dentro da liberdade de expresión e a crítica, polo que decidiu arquivar as dilixencias, segundo adiantou El Confidencial e confirmaron a Efe fontes xurídicas.

A asociación levou á Fiscalía expresións como "os Borbóns son unha organización criminal" ou "a Monarquía só pode ser corrupta por definición", pronunciadas polo vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Pere Aragonés, o pasado 18 de xullo.

"Non hai incenso nin botafumeiro que tape a podremia da Casa Real" ou "Non imos parar ata que xulguen aos Borbóns por ladróns e por corrupción" son expresións de Ana Pontón que tamén denunciou a asociación; así como outras da presidenta do grupo parlamentario Adelante Andalucía, Teresa Rodríguez, nas que dicía que "a Monarquía é corrupta ata o tuétano". 

A Fiscalía non ve inxurias á Coroa nas palabras de Pontón sobre os...