jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

O fillo maior do asasino de Valga: "Cáeme a cara de vergoña por ser seu fillo"

O fillo maior de José Luís Abet, o triplo asasino de Valga. TELECINCO
O fillo maior de José Luís Abet, o triplo asasino de Valga. TELECINCO

O fillo maior de José Luís Abet, froito da súa anterior relación e de 25 anos, realizou unhas declaracións nas que queda patente o seu sufrimento polo acontecido e a terrible situación pola que atravesa a súa familia.

"Aínda que non teña relación con el non quere dicir que non me j... o que fixo"

Ocultando o seu rostro e ante unha cámara de Telecinco, o mozo relatou que a mañá do triplo crime de Valga estaba traballando cando recibiu unha chamada. Avisábano de que á súa avoa -a nai do asasino confeso- a tiveran que levar ao hospital. Cando preguntou que lle pasou foi cando lle dixeron que seu pai estaba detido por acabar coas vidas de Sandra Boquete, a súa irmá Ana e a nai de ambas, María Elena.

"Eu non teño relación con el desde hai anos", confesaba, explicando que para el os seus pais son os seus avós e que a súa maior preocupación son os seus irmáns pequenos e que o seu pai pague o que fixo. "Aínda que non teña relación con el non quere dicir que non me j... o que fixo, porque a min cáeme a cara de vergoña por ser seu fillo", engadía, para concluír que a Abet deberíalle  "caer o que lle teña que caer, ao non haber pena de matalo apedreado". 

O fillo maior do asasino de Valga: "Cáeme a cara de vergoña por ser...