Javier Gutiérrez, nomeado Fillo Predilecto de Ferrol

O municipio propón que a Escola Obreira sexa distinguida como Ferrolán do Ano
Javier Gutiérrez con el Goya que recibió por su papel en 'La isla mínima'
photo_camera Javier Gutiérrez con el Goya que recibió por su papel en 'La isla mínima'

A xunta de portavoces do Concello de Ferrol acordou este xoves propor ao pleno que a Escola Obreira da cidade naval sexa distinguida como Ferrolán do Ano, coincidindo co centenario da súa fundación. 

Así mesmo, nomeou ao actor Javier Gutiérrez como Fillo Predilecto, recoñecemento que sumará ao que xa atesoura como Ferrolán do Ano desde xaneiro pasado e que foi aprobado en xuño polos grupos municipais. A estes acordos súmanse as Insignias de Ouro da urbe, que recaen en Cope Ferrol pola súa 50 aniversario, o CEIP Ponzos ante os seus 25 anos de labor docente e a Galería Sargadelos, con máis dun cuarto de século de traxectoria. 

Neste último caso, a noticia transcende poucos días despois de que os seus responsables anunciasen o peche inminente do local por desavinzas coas fábricas subministradoras. 

Estas decisións elevaranse a sesión ordinaria do consistorio o próximo 29 de decembro, entregándose os premios, como cada ano, o 7 de xaneiro, día de San Julián, patrón do municipio. 

A distinción outórgase a "persoas ou entidades que destaquen en calquera rama do saber ou que as súas iniciativas, esforzos ou feitos proxecten vinculación con Ferrol, revistan importancia ou signifiquen unha promoción dos intereses sociais, económicos e culturais do municipio e dos seus veciños", argumenta o Concello.

Comentarios