miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Ferraz dá luz verde ao calendario de Caballero

O secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. SALVADOR (EFE)
O secretario xeral do PSDEG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. SALVADOR (EFE)

O 18 de novembro é a data marcada pola agrupación para escoller os seus candidatos para as eleccións autonómicas e municipais

A dirección do PSOE deu luz verde este xoves ao calendario de primarias aprobado o pasado mércores pola comisión executiva galega do PSdeG, que escollerá o próximo 18 de novembro os seus candidatos ás eleccións autonómicas e municipais naqueles concellos de máis de 20.000 habitantes.

Segundo informa este xoves o PSdeG, o vindeiro martes 16 de outubro péchase o prazo para presentar precandidaturas ás primarias para elixir aspirante á Presidencia da Xunta nas próximas eleccións autonómicas. Ese mesmo día ábrese o período de recollida e presentación de avais; e a campaña interna desenvolverase entre o 4 e o 17 de novembro.

As votacións terán lugar o 18 de novembro, tanto no caso das autonómicas como das municipais. En ambos os procesos, no caso de que ningún dos aspirantes non logre a metade dos votos haberá segunda volta o día 25 de novembro.

No caso das municipais, o prazo para concorrer ao proceso estará aberto do 22 ao 25 de outubro, xornada na que se abrirá o prazo de recollida e presentación de avais. Neste caso, a campaña interna será do 9 ao 17 de novembro.

GONZALO CABALLERO

O calendario foi aprobado o pasado mércores polo comité executivo nacional dos socialistas galegos. Ao termo, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu que se celebren xa primarias para elixir candidato socialista á Xunta dous anos antes das próximas autonómicas porque "o escenario electoral galego é impredicible".

"Non descartamos ningún posible escenario electoral", respondeu sobre a antelación para facer as primarias para ter candidato ao Goberno autonómico. "O escenario electoral galego é impredicible no sentido de que, como unha nacionalidade histórica o presidente da Xunta pode disolver no momento no que crea oportuno", engadiu un Caballero que recordou que "noutras ocasións esperouse aos últimos tempos" para elixir candidato e "os resultados non foron tan bos como gustaría".

No entanto, o líder do PSdeG non desvelou se concorrerá ao proceso e emprazou ao comezo do proceso para confirmar que fará, á vez que remarcou que o proceso debe levar a cabo sen "cambadelas", "evitando erros" e "coa vontade construtiva de toda a organización".

Ferraz dá luz verde ao calendario de Caballero
Comentarios