Ferido un home en Carballo tras caer co tractor que manexaba por un noiro

Os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos arredor das 16.30 horas deste sábado, cando un particular alertaba do ocorrido

Tractor. RAFA FARIÑA
photo_camera Tractor. RAFA FARIÑA

Un home resultou ferido no concello coruñés de Carballo tras caer co tractor que manexaba por un noiro nunha leira da súa propiedade situada na Vixoteira, Rus. 

Tal como informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos arredor das 16.30 horas deste sábado, cando un particular alertaba do ocorrido, e indicaba que un home estaba baixo unha máquina agrícola, "pero que tiña mobilidade". 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou o 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Carballo, á Garda Civil, á Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade. 

Após chegar ao punto, os servizos de emerxencia confirmaron que non foi necesario o uso de material de excarceración para liberar o ferido, que foi evacuado polos servizos sanitarios. 

Comentarios