Ferido grave un mozo en Vigo tras caerse en coche por un terraplén

O desnivel era duns oito metros e o vehículo envorcou durante a caída
Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

Un mozo de 22 anos de idade veciño da cidade de Vigo, resultou ferido grave tras caer o coche no que viaxaba por un terraplén e envorcar, na parroquia de Beade, segundo informaron fontes da Policía Local. 

O accidente tivo lugar na madrugada deste mércores, cando o turismo, un BMW 318, saíuse da vía no parque forestal de Beade, cerca do campo de fútbol, por motivos que se están investigando. 

O coche caeu por un desnivel duns 8 metros e chegou a envorcar. O condutor resultou practicamente ileso, pero o seu acompañante acabou ferido grave. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Local e de bombeiros, que foron os encargados de sacar ao mozo ferido e inconsciente do coche, para levalo ata a estrada, onde unha ambulancia medicalizada fíxose cargo do traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Comentarios