Ferido grave nunha batea un veciño do Grove

Tras ser atendido en porto, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago
Bateas pertenecientes a uno de los polígonos cerrados
photo_camera Imaxe de arquivo dunha batea. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Un traballador resultou ferido de gravidade nun accidente laboral no Grove, segundo informan o Servizo de Urxencias 112 e desde Urxencias Sanitarias 061. 

Foron os propios servizos sanitarios os que, sobre as 08.50 horas, deron aviso de que recibiran unha chamada para atender a un traballador ferido no porto do Meloxo, no Grove. O accidente laboral produciuse nunha batea e tras o sinistro o barco volveu a porto inmediatamente co ferido, que ten 37 anos.

Desde o 112, deuse aviso a Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e tamén a Portos de Galicia. Sobre as lesións, desde o servizo de urxencias explicaron que se lles comunicou que o home se produciu uns cortes nos dedos dunha man. 

Finalmente, o ferido, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, precisaron desde Urxencias Sanitarias 061. 

Comentarios