viernes. 25.06.2021 |
El tiempo
viernes. 25.06.2021
El tiempo

Ferida grave unha muller de 92 anos atacada por un pitbull en Vigo

Hospital Povisa. ARCHIVO
Hospital Povisa, ao que foi trasladada a anciá. ARQUIVO
Un veciño que auxiliou a muller asegura que o animal xa atacara antes outra persoa

Unha muller de 92 anos atópase hospitalizada en estado grave en Vigo tras o ataque dun can de raza pitbull, que lle provocou feridas na cara e no pescozo.

Segundo confirmaron fontes policiais, ocorreu na tarde do xoves na planta baixa dun inmoble da rúa Menéndez Pelayo, onde o can atacou a anciá.

Un veciño que escoitou os berros da vítima atopouna sangrando abundantemente, polo que chamou a Policía e ao 061 tras facerlle as primeiras curas á muller. 

Os axentes que se desprazaron ao lugar comprobaron que a muller, incapaz de falar, tiña a parte dereita da cara desgarrada e unha ferida profunda en pescozo, onde lle faltaba tecido muscular. 

Segundo o veciño que auxiliou a anciá, non é a primeira vez que sucede algo así no inmoble, xa que ese mesmo can mordeu tempo atrás a súa neta nunha perna, aínda que decidiu non presentar denuncia.

Os axentes encerraron ao can no ascensor e avisaron á unidade ambiental (Umir), que levou o animal, "moi nervioso", á canceira municipal. O can, dunha raza considerada perigosa, ten chip e está a disposición xudicial. Estaba ao cuidado da sogra da propietaria. 

O caso está en investigación para comprobar, entre outras cousas, se a súa dona conta con seguro.

Ferida grave unha muller de 92 anos atacada por un pitbull en Vigo