Feijóo ve "tremendo" o nomeamento de Silva, que acusa ao PP de vivir "no lixo"

A nova presidenta do PSDEG rexeita dimitir de todos os seus cargos e o presidente da Xunta considera que Formoso "non podía elixir peor"
Carmela Silva y Alberto Núñez Feijóo. AEP
photo_camera Carmela Silva y Alberto Núñez Feijóo. AEP

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Nuñez Feijóo, cualificou de "tremendo" o nomeamento da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, para presidir o PSdeG considera que o novo secretario xeral, Valentín González Formoso, "non podía elixir peor". "Se o novo secretario xeral quere vontade de consenso, acordo e pacto non podía elixir a unha política máis especialista en confrontación e insulto e, se quere erradicar calquera tipo de corrupción e corruptela no partido, non podía elixir peor que a nova presidenta", afirmou na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.

E engadiu que se o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, fala de rexeneración política en España "non pode estar peor acompañado".

Ao ser preguntado por este nomeamento, que o PPdeG xa criticou pola sentenza do Tribunal Supremo que ha condenado a case seis anos de cárcere a un funcionario do Concello por enchufar a unha cuñada de Silva, Núñez Feijóo abundou nesta crítica insistindo en varias ocasións que este nomeamento é "tremendo". "Así non podemos seguir, isto non pode ser as boas prácticas nin exemplo para presidir un partido", aseverou Feijóo, dun nomeamento que "se é o cartón de presentación do novo socialismo en Galicia" só servirá para "facer bo o vello", considerou.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra evitou responder á petición de dimisión de todos os seus cargos que esixe o PP logo da ratificación por parte do Supremo da condena a un exfuncionario do Concello de Vigo por ter enchufado á súa cuñada. "Eu non me vou a embarrar no lixo na que vive o Partido Popular", dixo Silva, a preguntas dos xornalistas este venres na rolda de prensa posterior á xunta de goberno provincial. 

"O lixo déixolla para o señor (Alfonso) Rueda e para o señor (Alberto Núñez) Feijóo, que é onde lles gusta estar, embarrándose aí, e ademais son os que están a dar as instrucións a esta xente", engadiu. 

A presidenta remitiuse ás declaracións do deputado portavoz do grupo socialista na institución provincial, Carlos López Font, nas que cualificaba a actuación dos populares de "asquerosa campaña de persecución" contra a presidenta. 

López Font incidiu en que Silva non foi investigada na causa que agora acaba de confirmar o Tribunal Supremo condenando a máis de 5 anos de cárcere a un funcionario vigués que promoveu a contratación da cuñada da presidenta pontevedresa nunha concesionaria municipal. "Font fixo declaracións e eu asumo esas declaracións como a verdade absoluta", apuntou Carmela Silva sobre a petición dun pleno extraordinario presentada este venres polo PP no rexistro da Deputación para pedir á presidenta explicacións e esixir a súa dimisión por este asunto. 

Neste sentido, a presidenta recordou que no ano 2019 o PP xa solicitou un pleno extraordinario e "xa se rexeitou por parte do secretario cun informe potentísimo dicindo que soamente se tratan nos plenos as cuestións que teñen que ver coa actividade política e administrativa". A mandataria socialista ha recordado que "son os corpos técnicos da Deputación quen elaboran os documentos sempre tendo en conta que se cumpra a legalidade". 

"Non se o que vai escribir o secretario pero xa o escribiu no ano 2019. Eu non vou ter nada que ver no informe que faga o secretario", subliñou Carmela Silva, quen engadiu que "o secretario é un habilitado nacional que non mo consentiría". "A min non se me ocorrería meter a man onde non debo", apostilou. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra acusou ao PP de gustarlle "os circos" e remarcou que ela "non" vai entrar" niso. "Esta presidenta dedícase a gobernar, con transparencia, con respecto ás normas e á lei, con moito orgullo do traballo que realiza o meu goberno e con moito orgullo do traballo que eu realizo que, con humildade dígoo, é un extraordinario traballo. Seguramente iso moléstalle a algunha xente", espetou. 

Comentarios