lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Feijóo: "Temos que celebrar eleccións de forma inmediata"

Alberto Núñez, durante a súa comparecencia tras a reunión telemática con Pedro Sánchez e o resto de presidentes autonómicos. XUNTA
Alberto Núñez, durante a súa comparecencia tras a reunión telemática con Pedro Sánchez e o resto de presidentes autonómicos. XUNTA
O presidente galego deixa no aire a a posibilidad de anunciar este luns a data das autonómicas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén a incógnita sobre cando será a nova data das eleccións autonómicas que quedaron suspendidas pola pandemia do coronavirus e, aínda que tampouco desvelou se as convocará este luns, este domingo dixo que o fará "máis pronto que tarde" porque se teñen que celebrar "de forma inmediata" para evitar un rebrote da Covid-19.

"Temos que celebrar eleccións de forma inmediata", manifestou a preguntas da prensa tras participar na videoconferencia entre os líderes autonómicos e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que, tal e como asegurou Feijóo, só falaron "de sanidade".

"Ningún presidente autonómico falou de cuestións que afectan á súa comunidade desde o punto de vista electoral", explicou, aínda que dixo "coñecer cales son os tempos electorais" que marca a lexislación, concretamente 54 días entre a súa convocatoria e a votación.

Cabe lembrar que o comité clínico da Xunta avalou que a cita coas urnas sexa "canto antes, a principios de verán", para evitar que coincida cun repunte da enfermidade no outono, unha cuestión sobre a cal, segundo suxeriu, "varios presidentes autonómicos de diferentes ideoloxías" mostraron o seu "temor".

Con este horizonte, o 12 de xullo sería o primeiro domingo posible para os comicios, para o que o Diario Oficial de Galicia (DOG) tería que publicar a convocatoria como moi tarde este martes. No caso de que opte polo 19 de xullo, tería unha semana máis de marxe.

En calquera caso, Feijóo garantiu que "por suposto que convocará aos medios de comunicación" para trasladar a súa decisión.

Feijóo: "Temos que celebrar eleccións de forma inmediata"
comentarios