Feijóo tacha a Rivera de candidato de "maquillaxe, de fotos e de cámaras"

O presidente da Xunta nega que as eleccións se gañen "desde un estudio de televisión en Madrid", senón "desde cada aldea, cada vila e cada cidade"
Núñez Feijóo, en Ordes
photo_camera Núñez Feijóo, en Ordes

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, arremeteu este luns en Ribeira, nun mitin celebrado tras un paseo electoral por Ordes, contra os candidatos a presidente do Goberno que "son homes de maquillaxe, de focos e de cámaras".

Cargou contra os que pretenden gañar as eleccións o próximo 20 de decembro "desde un estudio de televisión en Madrid" e subliñou que o PP, en cambio, "quere gañar estas eleccións desde cada aldea, cada vila e cada cidade".

Núñez Feijóo subliñou que nesta cita coas urnas os españois xóganse que os investidores sigan confiando nunha España que creza "pilotada por Mariano Rajoy", un país "que sexa noticia polos empregos que crea e non polas rifas dos diferentes partidos do Goberno".

Tamén que "o Goberno que salga nas urnas siga sabendo situar a Galicia no mapa e que esta estea en Moncloa", en definitiva, un goberno "de facer, non de falar; un goberno que loite por un futuro para todos, non só para unha minoría; un goberno que faga política pensando nos cidadáns, non nos políticos".

Para iso hai "un só candidato a presidente do Goberno e tres a xefe da oposición", ironizou o líder dos populares galegos segundo informa o partido nun comunicado.

Comentarios