Feijóo recibe a terceira dose: "As vacinas seguen a ser efectivas"

Feijóo recibe la tercera dosis de la vacuna. EP
photo_camera Feijóo recibe a terceira dose da vacina. EP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este domingo a terceira dose da vacina contra o coronavirus, ocasión que aproveitou para animar os galegos a acudir a que se lles administre o fármaco.

"As vacinas seguen a ser efectivas para loitar contra a pandemia", asegura Feijóo na súa conta de Twitter, na que recorda que a partir da próxima semana comezará a vacinación dos nenos de entre 5 e 11 anos.

"Seguide acudindo a vacinarvos e facendo de Galicia un exemplo de responsabilidade", pide.

O presidente galego —nacido en 1961— é unha das persoas de entre 60 e 69 anos que xa recibiu a terceira dose da vacina, un proceso que se prevé completar o día 19 para ese grupo de idade.

Comentarios