Un emocionado Feijóo receita "estabilidade e moderación" na súa toma de posesión

O presidente da Xunta estivo arroupado por compañeiros de partido como Ayuso e Rajoy e polos líderes da oposición
Feijóo toma posesión. LAVANDEIRA JR
photo_camera Feijóo toma posesión. LAVANDEIRA JR

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo este sábado as receitas que serán a fórmula do seu Goberno para conseguir que Galicia salga da crise do coronavirus na que está sumida o país: "Moderación e estabilidade".

Núñez Feijóo, coa voz entrecortada, fixo, na súa toma de posesión, un chamamento á "proximidade" e ao traballo conxunto para superar a situación que se vive e lograr a recuperación económica de Galicia e do resto de España.

Na asunción do cargo de presidente da Xunta, responsabilidade que defenderá por cuarta lexislatura consecutiva, prometeu "cooperación" ao Goberno central, a cal "sempre é necesaria, pero se volveu imprescindible na actual situación". Razón pola que a Xunta que el preside, dixo, "seguirá sendo unha administración leal e colaboradora".

Rajoy con Feijóo. LAVANDEIRA JR

O acto celebrouse no Parlamento autonómico, ante unha ampla representación da sociedade galega e coa presenza do líder do PP, Pablo Casado; do expresidente do Goberno Mariano Rajoy; de todos os presidentes autonómicos do Partido Popular e da ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias.

O presidente galego, que o pasado 12 de xullo conseguiu a súa cuarta maioría absoluta consecutiva –coa que emula ao expresidente da Xunta Manuel Fraga–, realizou a súa entrada no Salón dos Reis do Pazo do Hórreo coa música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. 

Feijóo estivo arroupado neste evento por membros da súa familia, entre eles a súa nai, Sira Feijóo, a súa irmá, Micaela Feijóo, e a súa parella, Eva Cárdenas, quen ocuparon o asento da primeira fila. 

Feijóo con Eva Cárdenas, e a súa nai Sira ao fondo. LAVANDEIRA JR

Xa nas seguintes filas, situáronse dirixentes populares como o expresidente do Goberno Mariano Rajoy; a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor; o presidente do partido, Pablo Casado; e os presidentes dos executivos autonómicos de Andalucía, Juan Manuel Moreno, de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. 

Feijóo, escoltado por Ayuso e Casado. LAVANDEIRA JR

Tamén acudiron á toma de posesión o vicepresidente da Xunta aínda en funcións, Alfonso Rueda, o resto de membros do Goberno galego, así como o expresidente autonómico Fernando González Laxe, expresidentes do Parlamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado do Goberno, Javier Losada, e os portavoces da oposición, Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG-PSOE). 

O HIMNO GALEGO. Como é habitual, o acto pechouse coa interpretación do himno galego, que correu a cargo da artista do Incio Lucía Pérez.

Comentarios