Feijóo esquiva falar da substitución de Casado e recorda a súa "clara" vitoria no congreso do PP

O presidente da Xunta referiuse á tese de Sánchez e concluíu que, "sobre títulos, doctorandos e doutores hai distintas varas de medir"

Alberto Núñez Feijóo y Pablo Casado. PEPE FERRÍN
photo_camera Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado. PEPE FERRÍN

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, limitouse este luns a recordar que o PP "acaba de facer un congreso que un compañeiro capaz acaba de gañar de forma clara", en alusión a Pablo Casado. Foi a súa concisa resposta, tras ser preguntado acerca de se pensa que as miradas no seo do PP poidan volverse cara a el no caso de que Casado finalmente se vexa obrigado a dimitir en función da evolución da investigación sobre irregularidades nos máster da Universidad Rey Juan Carlos (URJC). 

Feijóo, quen xa trasladara a semana pasada que Casado transmitía "tranquilidade" respecto diso desta investigación e que el estaba tranquilo" se o presidente do seu partido tamén o estaba, limitouse a destacar do seu xefe de filas que é un "compañeiro capaz" que "acaba de gañar" un conclave interno. A continuación, puxo o foco na tese de Pedro Sánchez, convencido de que, en España, "sobre títulos, doctorandos e doutores", "acredítase que hai distintas varas de medir". 

Ao seu xuízo, iso "non é bo", porque evidencia que "hai xente que ve a palla no ollo alleo e non ve a viga no propio". 

Comentarios