Feijóo defende o proxecto viario Noia-Compostela

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou este venres a variante de Noia (A Coruña),unha obra que reducirá o tempo de desprazamento entre a localidade costeira e a capital galega nuns dez minutos.

O número un dos populares considera que este ansiado proxecto "entregará un porto a Santiago de Compostela e achegará as praias ao Apóstolo". Ademais, Feijoo aposta polo gran avance que supón para a comarca a inauguración deste viario, "unha infraestrutura fundamental" para a comunicación costeira galega. "Hoxe non é un día máis, hoxe é un punto e aparte na historia de toda esta zona", declarou o presidente da Xunta.

O xefe do executivo destacaba o gran beneficio económico,turístico e comunicativo que o proxecto encobre, xa que, con iso "achegamos Outes, Muros, Noia, Ribeira e Porto do Son a Compostela, pero tamén a un aeroporto internacional e a un tren de velocidade na capital de Galicia", subliñou.

Coa posta en servizo desta vía, na cal se investiron case 50 millóns de euros e que está operativa desde as tres desta tarde, cúmprese a previsión de abrir este viario para o primeiro fin de semana de xullo. "Estamos a falar dunha obra sinónimo de progreso, modernidade, compromiso e de exemplo do esforzo da Xunta para conseguir que Galicia salga adiante nun momento no que estamos a sufrir a peor crise económica dos últimos anos", manifestou.

Finalmente, o alcalde socialista de Noia agradeceu a Núñez Feijóo o "forte compromiso persoal" que sempre tivo coa localidade desde que chegou á presidencia da Xunta. Preto da carpa onde se realizaron os discursos, membros da Plataforma de Emigrantes Retornados do Barbanza protestaron para pedir "xustiza" portando pancartas nas que se podía ler "os pensionistas somos traballadores e non defraudadores".

Comentarios