A Federación de Comercio pide "axudas directas e rápidas"

“Levamos un ano con vendas moi limitadas”, afirma Seijas
José María Seijas. EP
photo_camera José María Seijas

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, afirma, en relación coas novas restricións ordenadas pola Xunta para facer fronte á pandemia, que hai que “diferenciar entre as medidas sanitarias e as económicas”, porque o sector ao que representa necesita “axudas directas e rápidas” para capear esta situación.

“Hai que diferenciar entre as medidas sanitarias e económicas. En canto ás medidas sanitarias, son recomendadas por un comité clínico de expertos. Non hai discusión”, dixo Seijas a EFE, pero “economicamente é desastroso”.

“Levamos un ano con vendas moi limitadas”, dixo Seijas, porque á parte da medida que fan referencia aos horarios do comercio, “os peches perimetrales” aplicados condicionan moito a súa actividade, dado que non se permite o libre tránsito das persoas para realizar as súas compras, “algo que é esencial para as vendas”.

Do Goberno central reclama “axudas directas e rápidas” para que os comerciantes poidan facer fronte aos gastos que teñen que afrontar cada mes, con independencia de que poidan ou non abrir as portas dos seus establecementos.

Ademais, solicita “indemnizacións” para “liquidar ao persoal que non podemos aguantar”, precisamente pola falta de actividade.

En canto ás administracións locais, Seijas pide aos concellos que poñan tamén o seu gran de area e suspendan “taxas e impostos municipais” que o comercios teñen que seguir pagando a pesar das restricións. 

Comentarios