sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

A familia Franco di que o Pazo de Meirás non está en venda, de momento

Pazo de Meirás. CABALAR (EFE)
Pazo de Meirás. CABALAR (EFE)

Dous membros do clan dirixíronse a medios de comunicación para desmentilo

Tras o balbordo inicial pola noticia que daba a coñecer este venres Ok Diario, de que a familia Franco puña á venda o Pazo de Meirás por uns oito millóns de euros, ese mesmo día dous membros do clan puxéronse en contacto con senllos xornais para desmentir a noticia.

Francis Franco, fillo de Carmen Franco Polo —falecida o pasado mes de decembro—, dirixiuse este venres a unha xornalista do ABC para aclarar que a residencia estival da familia do ditador non está á venda, aínda que "o estará", conta o diaro madrileño.

O neto de Francisco Franco aclaraba que unha gran parte da familia está de acordo en polo á venda, pero que aínda non se colgou o cartel.

En declaracións a La Otra Crónica, de El Mundo, Jaime Martínez-Bordiú, irmán de Francis tamén nega a venda da propiedade. Asegura que a familia aínda acaban de "abrir o testamento (da súa nai)"  e aínda non repartimos nada. Non se se algún dos meus irmáns pensa en vendelo, pero non o falamos", recollía a publicación.

A familia Franco di que o Pazo de Meirás non está en venda, de momento
comentarios