Falecen dúas persoas en senllos accidentes de tráfico en Aranga e A Pastoriza

Dúas persoas faleceron nas últimas horas nas estradas galegas, unha delas atropelada en Aranga (A Coruña) e a outra tras sufrir unha saída de vía co tractor no que circulaba na Pastoriza (Lugo), segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

Este suceso ocorreu no quilómetro 6,4 da estrada que une Riocabo e As Rodrgigas pasadas as 20,30 horas. O tractor agrícola que conducía J.C.T de 82 anos, veciño da Pastoria sufriu unha saída de vía e posteriormente envorcou.

En Aranga, o falecido é R.C.P. de 50 anos. O suceso ocorreu minutos logo da medianoite no quilómetro 555,6 da N-VIN, en Montesalgueiro.

Segundo Tráfico, o falecido irrompeu na calzada e foi atropelado polo condutor dun turismo que non o viu por ser noite pechada e pola néboa que había na zona.

Comentarios