Falece unha persoa e outra resulta ferida grave nun accidente en Ares

Un mozo de 23 anos faleceu este sábado nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Ares, despois de que a moto na que viaxaba se saíse da vía e terminase chocando contra unha ponte. O seu acompañante, da mesma idade, resultou ferido grave e tivo que ser traslado de urxencia a un centro hospitalario, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

O suceso produciuse sobre as 0.45 da madrugada no quilómetro 0,900 da vía secundaria CP-0402, que enlaza a localidade de Ares coa parroquia de Chanteiro, no mesmo municipio.

Por causas que se descoñecen, os dous mozos -que viaxaban sen casco de protección- saíron da vía pola marxe dereita nunha curva, poida que por un exceso de velocidade. ''Non deron a curva ben e seguiron recto'', explicaron fontes de Protección Civil de Ares.

O piloto da moto acabou caendo a un tubo de desaugadoiro da ponte e faleceu como consecuencia do impacto. Pola súa banda, o acompañante conseguiu aferrarse á moto e terminou caendo sobre o acceso a unha leira próxima á estrada. O mozo resultou ferido grave e foi traslado ao Hospital Arquitecto Marcide, en Ferrol, en estado semiinconsciente.

Ferido grave en Vilamartín de Valdeorras
Un motorista resultou este sábado pola tarde ferido grave nun accidente con dúas motocicletas implicadas en Vilamartín de Valdeorras (Ourense), segundo informou a Garda Civil de Tráfico.

O sinistro ocorreu sobre as 19:10 horas no quilómetro 458,5 da estrada N-120. O accidente produciuse cando as dúas motocicletas saíronse da vía.

Comentarios