Falece un mozo de 24 anos ao chocar contra unha árbore en Maceda

O condutor dun turismo, un home de 24 anos, faleceu este sábado nun accidente de tráfico en Maceda, en Ourense. O vehículo que conducía este veciño de Maceda saíuse da vía e chocou contra unha árbore.

O accidente tivo lugar ás 6.30 horas da mañá, na estrada que une Foncuberta con Vilar de Cans, no kilometro 2,1, no termo municipal de Maceda, segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios